Ofertamos unhas xornadas co obxetivo de colaborar na conciliación da vida familiar e laboral das persoas asociadas e simpatizantes nos últimos días de xuño.
A cultura galega será o eixo sobre o que xiren estas xornadas. O coñecemento do noso patrimonio inmaterial con clases de baile, pandeireta, percusión e gaita; combinado con outro tipo de actividades coma o teatro e as manualidades e tamén con outros exercicios deportivos.
Cada día entre as 11:30 e as 12h. faremos unha pequena parada para tomar a merenda que levará cada participante.
O 30 de xuño finalizaremos as xornadas amosando o que aprendemos e desfrutando co noso folclore.
Duración:
– Días: 26, 27, 28, 29 e 30 de xuño de 2016.
– Horario: Actividades de 9:30 a 13:30h. (Horario complementario de 9 a 14h.)
Instalacións:
– CCM de San Diego.
– Pista do CEIP Sal Lence.
– Parque de San Diego.
Actividades:
– Pandeireta
– Percusión
– Baile
– Gaita
– Teatro
– Manualidades
– Fútbol gaélico
– Concerto didáctico
Participantes:
Poderán inscribirse os nenos e nenas nados entre 2003 e 2011 agrupados por idades.
Requisitos:
Roupa deportiva cómoda para a correcta realización das actividades. Os que teñan pandeireta, baquetas ou frauta doce tamén poden levala para falicitar as tarefas. Ademais deben levar a merenda, crema solar e auga.
Inscrición:
Formulario ao pé da páxina. Se en 24h. non se recibe contestación, rogamos envíen un correo a info@acdonaire.com, así como para calquera dúbida.
Número de prazas:
Ata 50 participantes no total dos grupos.
Prezo:
Socios: 50€ (60€ no horario complementario)*
Non socios: 60€ (70€ no horario complementario)*
* Familias con máis dunha inscrición terán un desconto de 5€ en cada unha.
Organiza: A.C. Donaire
Colaboran: CCM de San Diego (Concello da Coruña) e CEIP Sal Lence.