Saltar al contenido principal

O Berce de Donaire, nova o edición do noso festival infantil

O Berce de Donaire, nova o edición do noso festival infantil

O Berce de Donaire 2016

“O Berce de Donaire” é un festival que nace pola inquedanza da A.C. Donaire de que os cativos tamén teñan o seu espazo para amosar todo o que aprenden na asociación, xa que tamén merecen o seu protagonismo.

Dende o ano 2010 multitude de grupos procedentes de toda a xeografía galega acompañáronnos neste día, demostrando que o folclore está moi vivo, e coidando ós que serán os encargados da súa conservación.
Neste 2016 poderemos ver o vindeiro sábado 30 de abril, no Auditorio do Centro Ágora a:
 
– Asociación Cultural Donaire (A Coruña)
– Asociación Folclórica Ximiela (Louro, Muros)
– Grupo de Baile e Gaitas Santaia (Santa Cruz, Oleiros)
– Grupo de Baile Tradicional do Concello de Outes
 
Entradas a 2€ (reducida) e 3€ (xeral), á venda en:
– Billeteira – Praza de Ourense: de luns a venres, de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h (pago en efectivo)
– Telefónicamente – 902 044 226 
 
Colaboran coa VII edición de “O Berce de Donaire”:
– Concello da Coruña 
– Deputación da Coruña
– Obra Social “la Caixa”
– Gadis
– Clínica Dental Pablo Varela

Curso de bordado de traxe tradicional

Curso de bordado de traxe tradicional


cartelbordado

Curso de bordado de traxe tradicional na A.C. Donaire.

Será os venres entre as 19 e as 20:30h. no CCM de San Diego, comezando o 12 de febreiro e rematando o 6 de maio. Serán tres meses, xa que non haberá clases en vacacións e pontes.

O prezo, incluindo o material, é o seguinte:
– Socios: 50€
– Non socios: 60€

Para anotarse, os socios debedes cubrir o formulario de actividades, os non socios podedes escribirnos a info@acdonaire.com, ó igual que se tedes algunha dúbida.