O mércores 18 de novembro fomos a darlle unha sorpresa á nosa presidenta de honra, Ermitas Miguel, que festexou a súa xubilación.
Queremos agradecerlle novamente todo o seu traballo a prol da asociación e que desfrute desta nova etapa.
Na Asemblea Xeral Extraordinaria do xoves 5 de novembro de 2015, a Xunta Directiva da A.C. Donaire quedou conformada do seguinte xeito:
Presidente – Alejandro Gómez
Vicepresidente – Antonio Prado
Secretaria – Consuelo Romero
Tesoureira – Mabel Placer
Vocal – Estrella Miser
Vocal – Natalia Pérez
Vocal – Oscar Rouco
Damos a benvida Oscar e agradecemos a Bea o seu traballo durante estes anos.
O 7 de novembro estaremos poñendo música nunha nova edición das Xornadas de Baile Tradicional que organiza a Asociación de Gaiteiros Galegos na Coruña.
Deixámosvos o programa, agardamos vervos por alí, a nosa actuación será aberta:
09.45h – Entrega de documentación e apertura da Xornada
10.00h – Relatorio – Mercedes Peón: “Xénero é creación colectiva”
11.30h – Relatorio – Obradoiro: Francisco Feijoo (Chisco)– “As Xotas no sul de Galiza”
16.30h – Mesa Redonda – Novas propostas de Baile Tradicional
Interveñen: Miguel Sotelo, Sergio Cobos e Xabier Iglesias
Modera: Pablo Díaz
17.45h – Relatorio – Obradoiro: Pablo Díaz – “A muiñeira vella en Bergantiños”
20.00h – Actuación musical: A.C. Donaire
Chegamos de Suíza cargados de boas novas e coas pilas cargadas para o curso 15/16.
Setembro xa sabedes que é o noso mes de vacacións, pero tamén é o momento de aproveitar para anotarse en novas actividades… e de feito estamos estreando dúas actividades! Teatro e acordeón incorpóranse á asociación, agardemos que con éxito.
Tamén teremos cursos puntuais de bordado, colares… e máis novidades das que vos informaremos.
Clicade nas seguintes opcións para informarvos do que precisedes, e ante calquera dúbida escribídenos a info@acdonaire.com ou falade con nós no 677644339.
Presentadas as Festas #maríapita2015, Donaire estaremos con actuacións na rúa:
– Domingo 2 de agosto | 19:30h. | Contorna do Campo da Leña.
– Martes 11 de agosto | 19:30h. | Contorna do Teatro Rosalía de Castro.
Seguiremos informando, que xa dixemos que o mes de agosto ía a ser ben completo!
Podedes descargar o programa en http://goo.gl/KBdzde.
O martes 30 de xuño demos por rematada a primeira edición das Xornadas infantís Donaire de cultura tradicional galega.
Nas mesmas, coñecemos aspectos do noso folclore coma o baile, pandeireta e canto, percusión e gaita e tamén fixemos actividades coma teatro, manualidades e actividades deportivas.
Grazas ás familias, monitores, alumnos, Fillos de Breogán… e agardamos vervos na segunda edición!
Xa é oficial, entre o 18 e 23 de agosto estaremos no RFI Rencontres de Folklore Internationales Fribourg (Suisse) amosando o noso folclore nesta localidade suíza.
É unha nova oportunidade de exportar a nosa tradición, neste caso compartindo espectáculos con grupos bretóns, irlandeses, turcos, panameños, colombianos, croatas, tibetanos e botswanos.
Toda a información do festival en http://www.rfi.ch/