Benvidos a A.C. Donaire

A asociación cultural Donaire desenvolve a súa actividade no barrio dos Castros de A Coruña. As súas actividades desenvólvense principalmente no Centro Cívico de San Diego. Impartimos clases de baile, pandereta e percusión para todas as idades.
Poderedes atopar aquí toda a información necesaria sobre a nosa asociación: os grupos que forman parte dela, as actuacións que veñen, vídeos, etc.
Porque o folclore galego tamén debe ter o seu espazo na rede.

